Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación física e a súa didáctica na idade infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Posta en práctica dunha unidade didáctica na que se traballarán contidos específicos do curriculo de educación infantil. 20 A1
A2
A3
A4
A5
D1
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D21
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación en diferentes dinámicas e actividades propostas ao longo do curso. Serán aquelas actividades realizadas durante o desenvolvemento das clases maxistrais e prácticas. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C7
C9
C12
C13
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C24
C25
C26
C27
C29
C32
C40
C41
C43
C44
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C62
C63
C64
C66
Traballo Deseño e elaboración dunha unidade didáctica na que se traballen os contidos da materia relacionándoos co currículo de educación infantil. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C7
C9
C12
C13
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C24
C25
C26
C27
C29
C32
C40
C41
C43
C44
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C62
C63
C64
C66
Exame de preguntas obxectivas Preguntas tipo test ou de verdadeiro/falso sobre as competencias teórico-prácticas da materia. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C7
C9
C12
C13
C15
C16
C17
C18
C19
C20
C21
C22
C24
C25
C26
C27
C29
C32
C40
C41
C43
C44
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C62
C63
C64
C66
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario alcanzar o 50% da cualificación na proba teórico-práctica e no traballo obrigatorio, se non non contarán para a nota final.

Durante as clases teóricas e prácticas:
  • Unha vez que o profesor entrase na aula, pechado a porta e comezado a explicación da materia, non se poderá entrar na clase.
  • Unha vez comezada a clase o alumnado avisarán á profesora se tivese que ausentarse.
  • Abandonar a aula sen que finalizase a clase implicará a anulación da asistencia, considerándose que o alumno/a faltou a parte da clase.
  • A non realización da clase práctica será considerada como falta de asistencia.
  • Todo alumno que empregue o teléfono móbil durante o transcurso de calquera clase, teórica ou práctica, será expulsado inmediatamente da aula.
  • Contarase a asistencia por cada hora de clase, non considerándose as clases que duran dúas horas como unha única falta de asistencia, senón dúas.
  • As faltas de asistencia non serán xustificadas baixo ningún concepto.
  • Aquel alumnado que por motivos persoais ou laborais, non vaia a asistir ás clases deberán porse en contacto coa profesora para concertar unha hora de tutoría.
  • Para que un correo electrónico sexa lido debe cumprir os seguintes requisitos: debe estar enviado dende o correo do CEU ou da UVigo, a dirección de correo debe ser seria, no asunto detallarase o contido principal do correo, terá unha presentación correcta, formal e ben redactada coidando o ton, o vocabulario e sen faltas de ortografía. O alumno/a presentarase debidamente indicando o seu curso, especialidade e materia.
  • Non se responderán a correos electrónicos durante as fins de semana e o período vacacional.
  • Non se realizan tutorías fose do horario establecido nin durante o período vacacional.
  • Non se responderán dúbidas; por correo electrónico durante o día previo á realización do exame.
Aspectos sobre a avaliación da materia:
  • Todo alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado segundo os criterios establecidos na guía docente.
  • Será imprescindible entregar a ficha de itinerario debidamente cumprimentada para poder realizar a proba final da materia, así como coñecer as cualificacións obtidas ao longo do cuadrimestre.
  • Todo alumno que supere o 10% de inasistencia ás clases, teóricas e prácticas, deberá realizar unha proba final de características diferentes a do alumnado que asista á totalidade das sesións. Neste caso realizarase unha proba de competencias teórico-prácticas que terá un valor dun 50% e unha proba de competencias prácticas que terá un valor dun 50%. Sendo necesario alcanzar o 50% de cada unha das cualificacións para poder facer media.
  • O alumnado que asista a totalidade das clases (unicamente poderá faltar a un máximo de 3h), terá a opción de cursar a materia seguindo un intinerario "continuo e formativo". Neste, o valor da proba de contidos terá un peso do 20% sobre a nota final, as prácticas de laboratorio un 30%, o traballo un 30% e a resolución de problemas e/ou exercicios un 20%.
Aspectos sobre a a valiación dos traballos:
  • Respectaranse rigorosamente as datas de entrega dos traballos. Non se recollerá nin entregará ningún fóra da mesma.
  • Non se lerá nin corrixirá ningún traballo no que o parágrafo non estea “xustificado”.
  • Entregar un traballo que estea plaxiado parcial ou completamente será anulado.
  • Terase en conta as faltas de ortografía para a avaliación de cada un dos traballos presentados en clase, traballo obrigatorio e exame final da materia. Por cada falta de ortografía descontarase 0,2 da nota final.
Datas oficiais de exames:
  • Haberá un único día de revisión de exame, fóra do mesmo non se revisará nin modificará ningunha nota.
  • Respectaranse rigorosamente as datas oficiais establecidas pola Universidade para a realización dos exames (http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/organizacion-academica/escola-maxisterio-vigo-ceu-examenes.php), non sendo posible realizalo en calquera outro día. En caso de enfermidade ou operación do alumno, solicitarase por escrito en secretaría un posible cambio, posteriormente será valorado polo profesor da materia e a dirección do centro se é procedente ou non a súa modificación.
  • De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. Non será posible realizar o exame en calquera outro día.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000