Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Educación para a saúde e a súa didáctica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións significativas
nas metodoloxías nos tres escenarios docentes previstos. A única
adaptación resaltable,é a relativa ao seu modo de execución. No posible
escenario de ensinanza mixta ou semipresencial, as metodoloxías se
levarían a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda, que no
escenario de ensinanza a distancia, as metodoloxías previstas se
adaptarían a una modalidade de execución virtual.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica a dinámica propia de ninguna metodoloxía
docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de
execución, presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e
exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No caso dun escenario docente na modalidade a distancia, a
titorización realizarase únicamente polos medios telemáticos
mencionados.


* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non haimodificacións nos contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía adicional será proporcionada ao longo do
desenvolvemento da materia, para cada tema

* Outras modificacións
Ferramentas para a docencia virtual. No escenario de
docencia semipresencial, ademáis da docencia presencial nas aulas, a
actividade docente virtual impartirase mediante Campus Remoto e
preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia como
reforzo, e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para
garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
No escenario de docencia a distancia, a actividade docente
realizarase exclusivamente de modo virtual.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non hai cambios nin nos instrumentos nin nos criterios de avaliación establecidos na guía docente ordinaria.
* Probas xa realizadas
Exame: [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 50%]
Traballos individuais: [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 40%]
Participación: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 10%]

* Probas pendentes que se manteñen
Exame: [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 50%]
Traballos individuais: [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 40%]
Participación: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 10%]

Todas as probas propostas na guía docente para as vindeiras convocatorias, mantéñense en calquera das tres modalidades de ensinanza previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2020-21. Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, se manteñen, tanto para o alumnado asistente, coma para o non asistente. Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu contido, pero si no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos. Así, no caso de estar nunha situación de ensinanza mixta ou semipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Se non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual ou realizaríanse exclusivamente de forma virtual.

Se a situación é de ensinanza a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.

* Probas que se modifican
Para o curso 2020-2021, non hai modificacións nas probas de avaliación, agás no referido á modalidade de avaliación: presencial ou virtual, dependendo do escenario sanitario no que se leve a cabo a docencia.

* Novas probas
Non se prevén novas probas de avaliación.
* Información adicional
Non hai.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000