Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O profesor proporá traballos sobre contidos específicos que acheguen actualidade, reflexión crítica ás temáticas traballadas nas clases. Así, mediante o traballo persoal e reflexivo, profundarase nos campos do labor educativo que mais valor teñen no seu quefacer profesional futuro. 20 A2
A3
A4
B5
B11
B12
C1
C13
C14
C19
C27
D1
D2
D3
D6
D7
D8
D9
D14
D17
Traballo tutelado O traballo monográfico consiste na investigación sobre aspectos relevantes da educación primaria. Serán avaliados tendo en conta a calidade das achegas, o seu formato axustado aos estándares científicos. Así mesmo as exposicións monográficas serán avaliadas tendo en conta a capacidade expositiva diante da clase, o contido e a preparación dos materiais pertinentes de achegar calidade á materia. 40
Lección maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba. Dita proba avaliará as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos e alumnas deben responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñen sobre a materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final da disciplina resultará da integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as partes para poder obter unha cualificación positiva. O alumno ou alumna que non realice todas as actividades de avaliación ,obterá unha cualificación final de SUSPENSO. En xullo avaliarase mediante un exercicio escrito, e a entrega dos traballos monográficos feitos o longo do curso. Tanto a cualificación dos traballos derivados da resolución de problemas, é dicir, contidos específicos como a cualificación dos traballos de aula (traballo monográfico) feitos no seu momento durante o curso, seguirán vixentes en segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.É imprescindible a asistencia a clase que puntuará un 20% da nota final. Se non se cumpre a asistencia someterase ao alumno a unha proba específica.  As datas de exame serán as publicadas oficialmente na web da facultade. Os horarios de titoría para o alumno serán ditos nos primeiros dias.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000