As condutas motrices desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento e a aprendizaxe durante a primeira infancia. A evolución da
motricidade infantil é o factor que permite o acceso á información e ás experiencias, e por tanto a aprendizaxe natural. A importancia do estudo das características e evolución dos cambios que se producen é innegable, xa que coñecendo como se aprende, podemos ensinar dun modo mais efectivo.