Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Sesión maxistral: Valorarase a participación habitual do estudante nas sesións expositivo-participativas (0,5 %)

Resolución de problemas e/ou exercicios: Participación na preparación, realización e revisión dos exercicios de aplicación/profundización, de resolución de problemas ou de análises e comentarios (10%)

Probas prácticas , de execución de tarefas reais e/ou simuladas: Avaliación das competencias adquiridas na aplicación práctica dos coñecementos teóricos (25%)
40
Traballo tutelado Elaboración dun ensaio e/ou exposición en que se dea conta dalgún aspecto concreto da materia, nos que se ofreza a valoración sobre algunha cuestión; descritor dun libro; análise dun texto desde o punto de vista das desviacións da lingua, nos que se terán en conta a estrutura, presentación, construción e corrección lingüística, emprego axeitado de signos de puntuación.
Cada erro de ortografía, morfosintaxe ou de procedementos suporá a perda de 0,25 puntos.
20 C46
C48
C50
D1
D2
D3
D7
D11
D12
D13
D14
D15
D18
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame que será realizado na data oficial publicada na Secretaría do Centro.
Cualificación mínima para superar a proba e facer a media co resto das actividades avaliables: 2 puntos
40 C46
C48
D1
D2
D3
D7
D13
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A ficha persoal, cos datos persoais, e a foto pegada debe entregarse nas dúas primeiras semanas de clase.

O sistema de avaliación pretende facer o alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha avaliación continua, formativa e global, polo que se terán en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e o resultado final de dito proceso.

A cualificación final da materia será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. É dicir, a cualificación final será a suma da nota do exame (40%),  da asistencia, participación activa, resolución de problemas e dos traballos  (60%). 

Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase.

ALUMNADO NON ASISTENTE: Aquel alumnado que non asistise ás aulas ou faltase máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) terá que presentarse a un exame específico de toda a materia.

Aqueles alumnos que non aproben a materia na convocatoria de maio manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na convocatoria do mes de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000