Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Para superar a materia, o alumno/a deberá aprobar o exame tipo test, cunha calificación mínima de 5. 50 D1
D2
D8
D9
D16
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno/a deberá entregar ó profesor/a, cando este o solicíte, reflexións ou valoracións dalgún artigo de revista, actividades realizadas na aula ou a avaliación da lectura de libro ou capítulos de libros, propostos polo profesor/a.
Todas as actividades propostas valoraranse a través dalgunha proba de avaliación.
Se o alumno/a non realizar a proba nos días previstos, repercutiralle nas súas cualificacións.
20 D1
D2
D6
D8
D9
D16
D17
Traballo O alumno/a deberá presentar un dossier coa documentación requirida polo docente. Devandito traballo presentarase na aula, e realizarase en grupo. 30 D6
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Asistencia e participación continua: Para os estudantes que sigan a avaliación continua, os traballos serán obrigatorios, e puntuarase a asistencia a clase do alumno/a, que tamén será obrigatoria, tanto nas clases teóricas como nos grupos pequenos (clases prácticas). Esíxese a asistencia regular de polo menos o 80% das sesións). Os traballos entregaranse nas sesións de grupo pequeno, segundo o calendario que se estableza.
No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo tutorizado polo docente, realizará unha proba na que se avaliarán as competencias básicas da materia, que incluirá contidos teóricos e prácticos. O alumno/a deberá entregar tamén todas as actividades realizadas na aula, así como todos os traballos propostos polo profesor/a, ao formar parte da cualificación, sempre que se aprobe o exame final.
Tutorías e robas de avaliación: Consultar páxina Web.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000