Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral A atención personalizada realizarase a través da orientación aos alumnos/as mediante titorías (a nivel grupal ou individual). Previamente as titorías deben ser acordadas co profesor/a-titor/a.
Presentación A atención personalizada realizarase a través da orientación aos alumnos/as, para preparar a exposición na aula, así como para resolver dúbidas dos temas propostos na aula.
Debate A atención personalizada realizarase a través da orientación aos alumnos para preparar a exposición dos debates. Previamente deberase realizar unha procura das fontes de información existentes sobre o tema a debater na aula.
Traballo tutelado A atención personalizada realizarase a través da supervisión aos alumnos/as, nos temas que se traballarán no grupo-aula.
Probas Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios A atención personalizada realizarase a través da valoración de probas realizadas na aula.
Traballo A atención personalizada realizarase a través da orientación aos alumnos/as sobre o tema que debe traballar en grupo. As tutorías serán obrigatorias, e consistirán en guiar aos alumnos/as para que poidan realizar de maneira óptima o seu traballo teórico, que deberá ir acompañado sempre dunha presentación na aula. Para iso, concretarase día e hora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000