Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización dun proxecto que consistirá na realización de tarefas que demostren o coñecemento dos niveis de concreción curricular e dunha programación docente fundamentada a nivel teórico, complementada cunha exposición da mesma na data e termos que determine a docente ao longo do cuadrimestre. 50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B9
B11
B12
C1
C8
C9
C10
C11
C12
C13
C19
C20
C21
C22
C23
C24
C25
C27
C28
C29
C30
C31
C33
C55
C59
C60
C61
C62
C64
C65
C66
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D13
D15
D16
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Neste apartado tomaranse en consideración os resultados nunha proba tipo tema ou de resposta longa que se realizará ao final do cuadrimestre sobre o contido da materia. Poderá combinarse con preguntas de resposta curta. 50 A3
B9
B12
C11
C12
C13
C21
D2
D3
D5
D8
D13
D14
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
- Para aprobar a materia en primeira convocatoria, é necesario entregar en prazo e expor debidamente os traballos estipulados e superar as probas obxectivas sobre o contido da materia, cunha nota mínima de 5 sobre 10 en cada un dos apartados suxeitos a avaliación.

- Considérase alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ao 80% das clases presenciais; devandito alumnado deberá entregar en prazo os traballos prescritos e superar un exame específico sobre o contido da materia.

- Para superar a materia esíxese unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada un dos apartados suxeitos a avaliación.

-A cualificación dos traballos, en caso de ser positiva, terase en conta na convocatoria de Xullo, non nas posteriores.

- As datas dos exames ordinarios e extraordinarios están dispoñibles na páxina web do Centro. 

- Unha vez que o profesorado entre na aula, pechado a porta e comezado a explicación da materia, non se poderá entrar na clase.

- O alumnado que empregue o teléfono móbil durante o transcurso de calquera clase , teórico ou práctica, será expulsado inmediatamente da aula, salvo que por motivos pedagóxicos o/a docente permita o seu uso para a realización de traballos de clase aínda que nestes casos preferirase o uso de computadores ou tabletas.

-O alumnado que por motivos laborais non vaia a asistir a clase deberá porse en contacto co/a docente no primeiros quince días de curso.

-Respectaranse rigorosamente as datas de entrega dos traballos. Non se recollerá ningún fóra da mesma.

- Terase en conta as faltas de ortografía para a avaliación de cada un dos traballos presentados e no exame da materia. Por cada falta de ortografía descontarase 0.2 da nota final.

- Non se responderán a correos electrónicos durante o período vacacional.

- O alumnado repetidor deberá acollerse aos criterios de avaliación da guía docente vixente neste curso 2019/2020
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000