Guia docente 2020_21
E. U. de Profesorado de E.X.B. "María Sedes Sapientiae"
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Atenderanse as demandas puntuais que presente o alumnado de forma personalizada ou grupal. Ofreceranse as directrices e supervisión oportuna para o desenvolvemento da aprendizaxe, vinculando coa actividade autónoma do estudante. Esta atención personalizada ao alumnado tamén se realizará a través de: - tutorización presencial no despacho do profesorado ou por teléfono en horario de tutorías. - tutorización vía correo electrónico: para atender as incertezas e dúbidas urxentes sobre a realización dos traballos, actividades, exames, etc.
Prácticum, Practicas externas e clínicas Atenderanse as demandas puntuais que presente o alumnado de forma personalizada ou grupal. Ofreceranse as directrices e supervisión oportuna para o desenvolvemento da aprendizaxe vinculando coa actividade autónoma do estudante. Esta atención personalizada ao alumnado tamén se realizará a través de: - tutorización presencial no despacho do profesorado ou por teléfono en horario de tutorías. - tutorización vía correo electrónico
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000