A
nota final da materia obterase como media aritmética da nota de teoría e de
prácticas. Para aprobar a materia es necesario obter un mínimo do 50% da nota
máxima. Para poder facer a media e necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima
en cada parte. Se non alcanzase o limiar mínimo (40%) nalgunha das partes, a nota final da materia
será de suspenso e o valor numérico calcularase multiplicando por 0,71 a nota obtida
ca media aritmética (aclaración sobre o coeficiente: Este coeficiente obtense
de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre 6,99 (máxima nota da media
aritmética que se pode obter suspendendo a materia (10+3,99)/2 ). Na
segunda convocatoria non será necesario presentarse as partes aprobadas. A avaliación
dos alumnos que teñan que presentarse a segunda convocatoria do curso académico
realizarase: -
Co exame final: Proba de respostas largas, de desenvolvemento. Avaliarse o coñecemento
dos conceptos teóricos e a capacidade de resolver problemas. -
Co exame de prácticas. Este exame consistirá na realización dunha das tarefas especificadas
no conxunto de enunciados de prácticas realizadas durante o curso. A
nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota da
primeira convocatoria. O
alumnado de avaliación non continua será avaliado por medio dun exame final de
coñecementos teóricos e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso
y os criterios de avaliación son os mesmos que na avaliación continua. Compromiso
ético: Esperase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos no autorizados, e outros), considerarase que o alumno non
reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a avaliación global
no presente curso académico será de suspenso (0.0) |