Resolución de problemas |
As actividades prácticas a realizar corresponderanse co indicado no apartado de Contidos Prácticos, e exporanse para o seu desenvolvemento, resolución e posterior entrega ao profesor na data que se indique en cada caso concreto. Cada actividade presentada avaliarase de acordo cos criterios que con anterioridade se indicasen, e será devolta con prontitude para que a aprendizaxe que achegue cada corrección poida ser incorporado ás actividades prácticas seguintes. O calendario para execución e presentación das actividades prácticas será coñecido ao comezo do curso. |
40 (up to 40) |
|
B1
|
C19
|
D2 D6 D9 D14 D16 D17
|
A materia supérase mediante a avaliación continua ao acadar 5,00 puntos en cada unha das partes. Ao exame final, na data indicada polo centro, deben acudir todos os alumnos, polo menos para efectuar o exame da segunda parte. Poderán recuperar a primera parte os que non a teñan superada ou ben os que desexen de mellorala. Cando no proceso de avaliación continua queden partes pendentes, o alumnado poderá examinarse delas no exame final, tanto de teoría como de prácticas, salvo nos casos que e profesor considere a posibilidade de recuperalas cun traballo adicional ou complementario. As partes superadas conservaranse para a segunda convocatoria. Ao exame final, no que se examinará do total dos contidos da materia, deben acudir os alumnos que renunciaran á modalidade de avaliación continua. A cualificación máxima será de 10 puntos. O exame da parte teórica neste caso realizarase na data fixada polo centro, podendo realizarse o da parte práctica en hora e día diferente.
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamiento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e otros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nesta caso a cualificación global no presente curso académico será suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |