A materia aprobarase se se obtén unha cualificación* igual ou maior que un 5 como nota final, da seguinte forma: A
asistencia con aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática/Aula equivalente, a cualificación das memorias
entregadas/cuestionarios en cada práctica e os traballos desenvolvidos, terán unha valoración máxima de 2 puntos da nota
final, esta cualificación conservarase na segunda convocatoria. Para sumar a nota de prácticas precísase a asistencia a un
mínimo de 7 prácticas. Para os alumnos que soliciten e obteñan de maneira oficial o dereito a perda de avaliación continua, existirá un exame final
de laboratorio, previa solicitude ao profesor da materia duas semanas antes do exame final de 1ª edición, cunha valoración
máxima de 2 puntos. O exame final consistirá na resolución de problemas e preguntas de resposta curta, sendo a repartición de 60% e 20% da
nota final simplemente orientativo, dependendo de cada convocatoria. O exame terá unha valoración máxima de 8 puntos
da nota final.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación
da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
*Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de
setembro, BOE de 18 de *setiembre). |