Modalidade de seguimiento por Avaliación Continua.
A cualificación final (CF) do alumno determinarase sumando os puntos
obtidos no exame final (EF) e os obtidos por avaliación continua (EC)
Non se esixirá unha nota mínima no exame final para sumar a
correspondente nota de avaliación continua. En calquera caso é necesario
obter unha cualificación final igual ou superior a 5 puntos para
aprobar a materia.
Cada matricula na asignatura, no curso, supón a posta a cero das
cualificacións nas actividades de avaliación continua obtida en cursos
anteriores
Segundo a Normativa de Avaliación Continua, os alumnos suxeitos a
Avaliación Continua que se presenten a algunha actividade evaluable
recolleita na Guía Docente da asignatura, serán considerados como
"presentados" e teráselles en conta para a cualificación final
Para a realización das probas consideradas como Avaliación Continua, a
realizar ao longo do curso, o alumno deberá ir provisto dos materiais
e/ou documentación necesarios pararealizarla: calculadora
(non-programable), táboas e diagramas de propiedades daquelas sustancias
que se estudan. Non se permitirá ningunha clase de formulario ou
similar nestas probas
Nas diferentes probas de avaliación continua e exame final aconséllase
ao alumnado que xustifiquen todos os resultados que consigan. Non se
dará ningún resultado por ?sobreentendido? e terase en conta o método
empregado para chegar á solución proposta Modalidade de renuncia á Avaliación Continua.
Aqueles alumnos que obteñan oficialmente a renuncia á avaliación
continua, utilizando as canles previstas pola escola, serán evaluados,
nas datas oficiais fixadas polo centro das dúas convocatorias/edicións,
mesmo día e hora, mediante unha avaliación específica. Esta proba de
avaliación específica terá en conta todos os contidos impartidos na
asignatura (teoría, problemas e prácticas de laboratorio), e supoñerá o
100% da nota máxima. Levarase a cabo da seguinte forma:
1.-Proba escrita (EF), cun peso do 80% sobre a cualificación final,
idéntica ao exame final dos demais alumnos que seguen a avaliación
continua
2.-Unha proba específica (EC), cun peso dun 20% sobre a cualificación
final. Esta proba específica incluirá tanto os contidos de prácticas de
laboratorio como os impartidos nas sesións de teoría Criterios de cualificación.
En primeira edición da convocatoria ordinaria a cualificación do alumnado (CF) calcularase tendo en conta o criterio:
CF= 0.2·EC + 0.8·EF
En segunda edición da convocatoria ordinaria a cualificación do alumnado (CF) calcularase seguindo o criterio:
CF= máximo(N1, N2), sendo,
N1= 0.2·EC + 0.8·EF
N2= EF
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos
segundo a lexislación vigente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOEde 18
de setembro)
Os exames da convocatoria fin de carreira poderán ter un formato de exame distinto ao detallado anteriormente.
Todas as probas, ben as correspondentes á Avaliación Continua como ao
Exame Final, deberán realizarse a bolígrafo ou pluma, preferiblemente
azul. Non se permitirá a entrega destas probas a lapis ou a bolígrafo
vermello.
Non se permitirá, en todas a probas, ben consideradas de avaliación
continua ou exame final, o uso de dispositivos electrónicos tales como
tablet, smartphone, portátil, etc.
Compromiso ético .
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plagio, utilización de
aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese
caso, a cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0).
Nos e permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante
as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de
introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame
será considerado motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |