Resolución de problemas de forma autónoma |
Exercicios e/ou "Probas parciais" que se fagan e entreguen ó profesor ó longo do curso, relacionados cos conceptos e contidos da materia.
Ó longo do cuadrimestre farase, polo menos, unha proba e cada alumno/a deberá entregar varios exercicos, resoltos de xeito autónomo.
As competencias CG3 e CE19 avalianse en función das respostas do alumno ás cuestións de teoría e da resolución dos problemas plantexados. En ámbolos dous casos, o alumno, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.
As competencias CT2, CT9 e CT10 avalianse na resolución, por parte do alumno, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademáis de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para resolver problemas de xeito autónomo. |
25 |
|
B3
|
C19
|
D2 D9 D10
|
Exame de preguntas obxectivas |
"Exame final" formado por cuestións teóricas relacionadas co temario da materia.
As competencias CG3, CG4 e CE19 avalíanse en función das respostas do alumno ás cuestións plantexadas.
Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado neste exame é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo. |
24 |
|
B3 B4
|
C19
|
D10
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas no laboratorio, no que se recollerán o procedemento seguido na execución da práctica, os resultados experimentais acadados e a análise dos mesmos.
As competencias CG3, CG4, CT6 e CT9 avalíanse en base á calidade do informe feito polo alumno ó rematar cada una das prácticas, valorándose a redacción, estructura e presentación do mismo, a análise e o tratamiento de resultados feito, así como as conclusión acadadas.
A competencia CT17 avalíase en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos. Ademáis, o informe de prácticas débese elaborar e presentar en grupo. |
15 |
|
B3 B4
|
|
D6 D9 D17
|
Avaliación: Un/unha alumno/a que"non renuncie oficialmente á avaliación continua", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das partes do "exame final" , é dicir, tanto en teoría (Exame de preguntas obxectivas) como en problemas (Resolución de problemas e/ou exercicios). De supera-la nota mínima en ámbalas dúas partes do "exame final", dito/a alumno/a aprobará a materia se a súa calificacíon final é ≥ 5,0 , é dicir, se a suma das calificacións obtidas nos "Informe de prácticas", na "Resolución de problemas de forma autónoma" e no "exame final" (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) é ≥ 5,0. Un/unha alumno/a que "renuncie oficialmente á Avaliación Continua" , fará un "exame final" de teoría e problemas (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) que valerá o 85% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 15% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas. Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios. En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación dos "informes de prácticas" e da "Resolución de problemas de forma autónoma", polo que os alumnos so deberán face-lo "exame final". No caso en que, na 1ª convocatoria, un alumno suspendese unha das partes do "exame final" (teoría ou problemas) e aprobase a outra parte cunha nota ≥ 5, no exame de Xullo soamente terá que repeti-la parte suspensa. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos). Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos). |