Avaliación
continua: corresponde ao 30% da nota e farase durante a realización do curso Exame final (proba
escrita): corresponde ao 70% da nota e realizarase na data previamente establecida
polo centro. Para aprobar o
curso será necesario: 1- Acadar unha puntuación mínima do 40% no exame final, é dicir, 2,8/7
puntos. 2- Que a suma da avaliación continua e do exame escrito sexa igual ou
superior ao 50%, é dicir, 5/10 puntos. Se non se acadaron os mínimos establecidos anteriormente, a nota final do
curso será a do exame escrito. Renuncia e avaliación continua: Aqueles estudantes que non realicen a avaliación continua (con autorización previa da dirección de EEI) serán avaliados no exame final sobre todo o contido teórico e práctico que corresponderá co 100% da nota e acadar un mínimo do 50% para superala materia. Exame de xullo (2ª
edición): Terase en conta a avaliación continua (válida só no curso académico
2020-21). O exame terá as mesmas características que a primeira edición e
farase na data previamente establecida polo centro. Convocatoria
extraordinaria: o exame abarcará todos os contidos teóricos e prácticos da materia, o
que suporá o 100% da nota e deberá acadarse un mínimo do 50% para superala materia. Compromiso ético: espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar comportamentos
pouco éticos (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados,
por exemplo), considerarase que o alumno non cumpre os requisitos necesarios
para superar a materia. Neste caso, a nota global deste curso académico será de
suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación a non ser que estea expresamente autorizado. O
feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na sala de exames
considerarase motivo de non aprobar a materia neste curso académico e a nota
global será de suspenso (0,0). |