Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a participación e a resolución dos exercicios propostos polo profesorado. Regularmente, unha selección dos exercicios será resolta na aula e entregada ao profesorado para a súa avaliación. 20 A2
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é obrigatoria. O traballo de laboratorio será avaliado como APTO/A ou NON APTO/A. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: traballo previo, desenvolvemento do traballo experimental, caderno de laboratorio e traballo posterior. A avaliación do desenvolvemento do traballo experimental realizarase utilizando a ferramenta de observación sistemática. Para que o alumnado supere a materia deberá obter a cualificación de APTO no traballo de prácticas de laboratorio. 0 A2
A5
B5
C17
C18
C26
C28
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse tres probas: 1.- Unha proba sobre os contidos dos 4 primeiros temas, que suporá o 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 3.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia. 2.- Unha proba sobre todos os contidos da materia, que suporá un 30% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia. 3.- Unha proba escrita relacionada coa parte experimental da materia, que suporá un 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia. No caso de que non se superen os mínimos esixidos nalgún dos apartados anteriores, a cualificación final obtida na materia será a cualificación ponderada do tres probas de avaliación. 60 A2
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Traballo O alumnado realizará dous traballos relacionados co contido da materia. Estes traballos deberán axustarse aos parámetros especificados polo profesorado, e presentaranse de forma escrita ou a través dunha exposición oral. 20 A2
A5
B5
C17
C18
C26
C28
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONDICIÓN DE PRESENTADO/A: A participación do alumnado
en calquera das probas escritas implicará a condición de presentado/a e por
tanto a asignación de cualificación.



AVALIACIÓN DA SEGUNDA CONVOCATORIA: manterase a
cualificación obtida polo alumnado durante o curso en resolución de problemas,
prácticas de laboratorio e traballos. Realizarase unha proba sobre todos os
contidos da materia que suporá un 60% da cualificación final. Será necesario
alcanzar nesta proba un mínimo de 4 puntos sobre 10 para superar a materia e
para ter en conta o resto dos elementos de avaliación.



OPCIÓN DE AVALIACIÓN NON CONTINUA: o alumnado que
desexe non optar á avaliación continua deberá realizar e superar a avaliación
das Prácticas de Laboratorio (cualificación APTO/A en o traballo desenvolvido
no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba
escrita da parte experimental). Ademais deberá obter como mínimo 5 puntos sobre
10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000