Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica II
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O profesorado atenderá de forma personalizada as consultas do alumnado relacionadas co estudo dos temas vinculados á materia, informando con antelación da súa dispoñibilidade a través dos horarios de titorías. Adicionalmente, o profesorado empregará canles de comunicación telemática co alumnado (correo electrónico, ferramentas de aula virtual).
Prácticas de laboratorio O profesorado atenderá as consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento da docencia de laboratorio, tanto nas sesións de prácticas como antes e despois da súa impartición. Os horarios de atención aos estudantes do profesorado da materia estarán dispoñibles na aula virtual e a través doutras vías establecidas pola universidade.
Resolución de problemas O profesorado atenderá de forma personalizada as consultas do alumnado relacionadas cos problemas e exercicios vinculados aos contidos da materia, a través dos horarios de titorías, os cales estarán dispoñibles na aula virtual e a través doutras vías establecidas pola universidade. Adicionalmente, o profesorado empregará canles de comunicación telemática co alumnado (correo electrónico, ferramentas de aula virtual).
Probas Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O profesorado atenderá de forma personalizada as consultas do alumnado relacionadas coas probas de avaliación, durante os horarios de titorías, os cales estarán dispoñibles na aula virtual e a través doutras vías establecidas pola universidade. Adicionalmente, o profesorado empregará canles de comunicación telemática co alumnado (correo electrónico, ferramentas de aula virtual).
Traballo O profesorado atenderá de forma personalizada as consultas do alumnado relacionadas cos traballos propostos polo profesorado, durante os horarios de titorías, os cales estarán dispoñibles na aula virtual e a través doutras vías establecidas pola universidade. Adicionalmente, o profesorado empregará canles de comunicación telemática co alumnado (correo electrónico, ferramentas de aula virtual).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000