Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física II: Superficies e coloides
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a resolución por parte do alumno de exercicios propostos e a súa presentación. Realizaranse tamén exercicios tipo test. En ambos os casos de forma voluntaria. O peso na puntuación sitúase entre os límites 0-10%. 10 (max) A2
B1
B2
B4
C16
D1
Prácticas de laboratorio A súa realización é obrigatoria. Puntúanse por valoración do seu desenvolvemento experimental (13%) así como pola dun informe de prácticas. Este ha de confeccionarse de forma individual, conter táboas, gráficas e os cálculos necesarios para a obtención dos resultados, así como unha análise dos mesmos, en relación co procedemento experimental e o fundamento teórico empregados. Debe entregarse ao profesor encargado do correspondente grupo de laboratorio no prazo que se estableza (7%) 20 A2
A3
B1
B2
B4
C16
C27
C28
D1
Exame de preguntas obxectivas Proba curta.
Terá lugar a metade de cuadrimestre aproximadamente. Consistirá na resolución de cuestións e problemas. Será liberatoria da materia avaliada soamente si se alcánza ou supera a puntuación de 5 puntos sobre 10. O seu peso, dependendo dos outros apartados da avaliación sitúase entre os límites: 0-28%.

Proba longa.
Ten carácter obrigatorio. Realizarase a final do cuadrimestre. Os estudantes que non superen a proba curta deberán realizar todos os exercicios propostos. Aqueles que sí a superaron poderán realizar tamén, de forma voluntaria, os exercicios correspondentes á materia liberada para mellorar a súa cualificación.
O seu peso, dependendo dos outros apartados da avaliación será: 45.5%-80%.

A cualificación combinada das probas escritas ha de ser polo menos 4.0 sobre 10 para que poida realizarse media cos outros apartados.
70-80 A2
C16
C28
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na avaliación de Xullo os estudantes deberán realizar unha proba longa que pode representar ata o 80% da puntuación, o resto correspondente ás prácticas de laboratorio. Manterase a puntuación das demais seccións
(Resolución de problemas e Proba curta) se resulta unha media maior.

A puntuación combinada das probas escritas debe ser polo menos 4 sobre 10 para poder facer media coas outras seccións da avaliación. A puntuación media total debe ser de 5 puntos sobre 10 ou superior para que poda superarse a
materia.


A presentación de calquera exercicio que poida ser avaliado, ou a realización de práctica ou proba imposibilita que a cualificación sexa 'non presentado'.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000