Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Flipped Learning Valorarase a participación e a resolución por parte do alumnado de todas as tarefas propostas polo profesorado en relación coas sesións de clase invertida. 10 A1
A5
B1
C17
Resolución de problemas Valorarase a participación e a resolución por parte do alumnado de todas as tarefas propostas polo profesorado en relación coas clases de resolución de problemas. 25 A1
A5
B1
C17
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas presenciais é obrigatoria.
Avaliarase que o alumnado teña adquirido a competencia do manexo seguro de substancias químicas e da avaliación dos riscos asociados ao seu emprego no laboratorio. Isto será avaliado como APTO/A ou NON APTO/A. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: posible traballo previo, desenvolvemento do traballo experimental, caderno de laboratorio, traballo posterior.
0 B2
C25
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba curta: 20%. Abarcará o contido correspondente aos dous primeiros temas da materia.

Proba global: 30%. Abarcará todo o contido da materia. Nesta proba avaliarase a adquisición, por parte do alumnado, das competencias e destrezas relacionadas cos aspectos teóricos da materia.
50 A1
A5
B1
C17
Traballo O alumnado realizará un traballo relacionado cos experimentos levados a cabo no laboratorio. Este traballo deberá axustarse aos parámetros especificados polo profesorado. Ademáis da súa entrega para avaliación, poderá requirirse a presentación do traballo final a través dunha exposición oral. 15 A1
A5
B2
B3
C25
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia en xaneiro será necesario :

  • Acadar mención de APTO/A na avaliación do traballo de laboratorio.
  • Acadar unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 na proba curta.
  • Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba global.

Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas (resolución de problemas e/ou exercicios).

  • Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados (flipped learning, resolución de problemas, resolución de problemas e/ou exercicios [probas], traballo).

A cualificación final do estudantado que supere a materia poderá ser normalizada de xeito que a cualificación mais alta poda acadar un valor de ata 10 puntos.

A participación do/a estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (25% ou máis) ou a entrega de traballos/exercicios encargados polo profesorado (25% ou máis) ou a realización de algunha proba.

AVALIACIÓN EN XULLO

Poderá recuperarse o apartado Probas (Resolución de problemas e/ou exercicios), do seguinte xeito:

  • Probas (50%). Realizarase unha proba global na que se avaliarán as competencias adquiridas nos aspectos teóricos da materia. Deberá acadarse unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 para que se teña en conta o resultado desta proba na cualificación global da materia. Este resultado substituirá ás cualificacións das dúas probas teóricas realizadas durante o cuadrimestre (proba curta e proba global).

A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados (flipped learning, resolución de problemas, resolución de problemas e/ou exercicios [probas], traballo), sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas. No caso de que esta cualificación sexa inferior á obtida na avaliación de fin de cuadrimestre, a cualificación que figurará na acta será esta última.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000