Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
- A actividade docente impartirase mediante o Campus Remoto
- As titorías de atención ao alumnado realizaranse previa cita por medios telemáticos (despacho virtual do profesorado,..).
- As prácticas de laboratorio que non se realizaron substituiranse por outras actividades académicas.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas pendentes realizaranse a través do campus remoto en aulas virtuais ou a través da plataforma Tema.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000