Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física I: Termodinámica química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Problemas propostos para cada tema da materia. Os alumnos resolverán parte deles en probas curtas realizadas nos seminarios. 12.5 A2
B1
B3
C11
C13
C29
D1
D3
Autoavaliación Probas tipo test na plataforma TEMA. 7.5 A2
B1
B3
C11
C13
C29
D1
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito sobre todo-los contidos da materia. 65 A2
B1
B3
C11
C13
C29
D1
D3
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Realizarase o informe dunha práctica proposta polo profesorado que se deberá presentar coidando os aspectos formais relativos á organización, uso correcto das unidades, confección correcta das gráficas e exposición dos resultados. Valorarase tamén a análise crítica destes e a obtención de conclusións. Ademais avaliaranse todas as prácticas realizadas mediante cuestións orais que o alumnado poderán responder á vista do seu caderno de laboratorio. 5 A2
B1
B3
C11
C28
C29
D1
D3
Práctica de laboratorio Puntúanse aquí xunto co esforzo e a actitude, as destrezas e as competencias desenvolvidas polo alumnado durante a realización das distintas prácticas. 10 A2
B1
B3
C11
C28
C29
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- O traballo voluntario do alumno (tests autoevaluables + problemas propostos) poderán constituír ata o 20% da cualificación final sempre que o alumno realice, polo menos, a metade das actividades que se propoñan ao longo do curso.

- Realizaranse unha proba escrita da primeira metade da materia. Esta proba pode eliminar materia se a nota e ≥ 5.

-Realizarase unha proba escrita global ao final de cuadrimestre sobre a totalidade dos contidos da materia. Esta proba global suporá polo menos un 65% da cualificación final. No caso de que o alumno superara a proba escrita da primeira metade da materia (≥ 5) poderá optar na proba escrita global entre examinarse soamente da segunda metade da materia ou da totalidade da asignatura. No primeiro caso, a nota do da proba global fará media coa proba da primeira metade da materia.

IMPORTANTE:

- Para superar a materia é requisito imprescindible alcanzar na proba global escrita unha nota mínima de 4 puntos sobre 10.

- Para superar a materia é requisito imprescindible aprobar as prácticas de laboratorio.

- A participación do alumno en calquera das probas escritas e a asistencia a clases prácticas de laboratorio implicará a condición de presentado e, polo tanto, a asignación dunha culificación.

Convocatoria de Xullo: Conservaranse as cualificacións obtidas polo estudante durante o curso nas prácticas de laboratorio  e no traballo voluntario do alumno.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000