Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioquímica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A asistencia as clases maxistrais e a os seminarios é moi recomendable para a posterior realización dunha serie de exercicios de tipo test e preguntas de razoamento, que reforzarán os contidos adquiridos polo alumno.
É esencial obter unha nota mínima de un 5,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados.
20 A2
A3
B1
C20
D3
Traballo tutelado Avaliarase a contribución individual de cada alumno ao conxunto do traballo. Terase en conta a estrutura, orixinalidade, uso do idioma en xeral e da terminoloxía científica. Tamén se terá en conta a adecuación ao formato previamente esixido. Os traballos poderán presentarse en galego ou castelán.
É esencial obter unha nota mínima de un 5,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados.
20 A3
A5
B1
B3
B4
C20
D3
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba parcial a metade do curso, a cal constará de preguntas tipo test e preguntas curtas. É esencial obter unha nota mínima dun 5,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta proba representará o 20% da nota final da materia de Bioquímica. Así mesmo,a obtención da nota mínima permite eliminar materia para a seguinte proba.
Para os estudantes que superaron a proba parcial anterior, o exame final cubrirá o temario de Bioquímica dende o primeiro parcial en adiante, e representará o 40% da nota final.
Para os estudantes que non superaron a proba anterior, este exame corresponderá a toda a materia de Bioquímica e suporá o 60% da nota final.

En calquera caso, é esencial obter neste apartado unha nota mínima dun 5,0 sobre 10 para poder aprobar a materia de Bioquímica, así como ponderar co resto de apartados.
60 A2
B1
B4
C20
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final de Bioquímica será a suma das notas (ponderadas) obtidas polo alumno en todas as actividades da materia (seminarios + resolución de problemas + traballo tutelado + exame parcial e final de preguntas obxectivas).  

Para poder superar a materia de Bioquímica, os alumnos deberán obter unha nota mínima de 5.0 sobre 10.0 no exame final de preguntas obxetivas. No caso de non superar o 5.0, a nota de Bioquímica nas actas será a nota ponderada do exame final de preguntas obxetivas.

Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final de preguntas obxetivas figurarán nas actas como Non Presentados, aínda que participaran nas outras actividades da materia.

Estes criterios aplicáranse de forma idéntica nas dúas convocatorias (xaneiro e xullo).

As notas das actividades, sempre que superaran a nota mínima esixida, realizadas durante o curso (resolución de exercicios, traballos tutelados e exame parcial de preguntas obxectivas), gardaranse durante todo o curso académico. 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000