Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioquímica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas clases o profesor explicará e desenvolverá os conceptos e fundamentos básicos do temario de forma clara e amena para facilitar a súa comprensión. Os contidos de cada tema serán expostos na plataforma TEMA con tempo suficiente para que os alumnos poidan consultalos. Recoméndase que o alumno traballe sobre este material, consultando ademais a bibliografía recomendada.
Resolución de problemas Estas clases inclúen os seguintes aspectos.
a) Cada alumno de maneira individual ou en grupos de dous alumnos deberán realizar unha serie de exercicios para afianzar o estudo e comprensión da materia. Estes exercicios serán considerados para a avaliación.
b) Aclaracións de dúbidas dos conceptos anteriormente explicados nas clases maxistrais.
c) Neste apartado tamén traballaremos certos contidos relacionados coas características en funcions das biomoléculas, que por experiencia do profesorado son de máis difícil comprensión e que por tanto requiren un maior apoio didáctico.

Traballo tutelado Realización (procura de información, preparación e exposición) de dous traballos en grupo.
Os traballos estarán relacionados con algún dos contidos da materia de Bioquímica e serán propostos polo profesor. O profesor poderá achegar parte da información necesaria para a súa execución. O traballo será considerado para a avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000