Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Bioquímica
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

En previsión da posible alerta sanitaria provocada por COVID-19, a docencia de Bioquímica podería ser semipresencial ou totalmente non presencial. No primeiro caso: as clases maxistrais terían lugar dende a aula da Facultade asignada á materia e á hora prevista para o curso académico, alternando os estudantes a súa presenza na aula. En canto, aos seminarios serían totalmente presenciais no horario e na aula asignados. No segundo caso, tanto as clases maxistrais como os seminarios realizaríanse a través do campus remoto nas súas respectivas aulas virtuais.

* Metodoloxías docentes que se modifican
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

No caso de que a docencia en BQ sexa semipresencial, as horas de titoría poderán realizarse directamente o profesor-estudante no despacho do profesor, mantendo en todo momento medidas de seguridade sanitaria ou a través do despacho virtual. Ademais, os estudantes poden emitir ás súas dubidas por correo electrónico ou teléfono.
No caso de que a docencia chegue a ser completamente non presencial, os alumnos utilizarán o seu horario de titoría a través do despacho virtual, así como o uso do correo electrónico ou teléfono.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

No caso dunha docencia semipresencial o non presencial, a materia de BQ será a mesma.

* Bibliografía adicional para facilitar a autoaprendizaxe

No caso de producirse unha alerta sanitaria por COVID-19, o profesor se encargaría de proporcionar a bibliografía adicional a través de vídeos, artigos de investigación para o desenvolvemento das clases maxistrais, seminarios ou nos traballos tutelados.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000