O profesorado exporá os fundamentos teóricos da materia; presentará posibles aplicacións; formulará problemas, cuestións e exercicios; e proporá tarefas e actividades con orientacións sobre os métodos e técnicas a empregar para levalas a cabo.
Prácticas con apoio das TIC
Actividades orientadas á aprendizaxe e o manexo de programas informáticos de matemáticas para o cálculo e a representación gráfica de funcións e datos.
Resolución de problemas
O alumnado, ben de maneira individual ou ben en grupo, deberá resolver problemas e exercicios relacionados coa materia. Terá que formular o modelo matemático máis adecuado a cada situación e aplicar a técnica correspondente para resolver cada caso, e interpretar e presentar os resultados.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000