Guia docente 2020_21
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as que sexa posible de acordo coa situación.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Aquelas que, por mor da situación, non se poidan manter tal e como están descritas na guía docente. Nese caso, para substituír calquera tipo de presentación realizada na aula, tanto por parte da profesora como do alumnado, empregaríanse as aulas virtuais como complemento dos recursos ofrecidos pola plataforma faitic.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos baixo a modalidade de concertación previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Ningunha

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
As probas xa realizadas relacionadas coa “Resolución de problemas e/ou exercicios”, manteñen o seu peso.
...

* Probas pendentes que se manteñen
“Resolución de problemas e/ou exercicios”: pasaría a realizarse en liña.
“Exame de preguntas de desenvolvemento”: de requerilo a situación, pasaría a realizarse de maneira telemática.

Dependendo do momento no que se producise o cambio na docencia, as probas de “Resolución de problemas e/ou exercicios” pendentes poderían aumentar o seu peso, ata acadar un máximo do 60% da cualificación final. Este aumento iría en detrimento do “Exame de preguntas de desenvolvemento”.
...

* Probas que se modifican


* Novas probas

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000