Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía biolóxica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Traballo escrito, baseado na síntese crítica dun artigo cientifico. Valórase especialmente a claridade e o rigor da escritura e na aplicación e uso de conceptos científicos. A nota desta proba mantense para a convocatoria de xullo. É posible facer unha nova entrega en xullo, despois de solicitalo ao coordinador. 20 B1
C10
D1
D2
Resolución de problemas Presentación de casos prácticos resoltos, análogos a aqueles que teñen sido vistos nas prácticas. A nota desta proba mantense para a convocatoria de xullo. É posible facer unha nova entrega en xullo, despois de solicitalo ao coordinador. 20 B1
B4
C10
C11
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito, composto de test, cuestións breves e casos prácticos.

60 A1
B1
B4
C10
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación publicaranse na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:

http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000