Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario. AVALIACIÓN da docencia de Aula:
Realizarase un exame non oficial durante o transcurso do curso en data non especificada con antelación (peso 20%) Exame Final oficial (peso 50%)
AVALIACIÓN da docencia de Seminarios:memorias individuais de seminarios (peso 30%). A entrega do boletín de cada seminario ao profesor realizarase nun prazo máximo de 7 días despois da celebración do seminario. Non se recollerá ningún seminario a partir de dita data límite, nese caso a cualificación será 0. Véxase calendario de entregas en
http://facultadeccdomar.webs.uvigo.es/index.php/es/alumnado-actual/calendario-escolar. Os estudantes repetidores deberán volver entregar as memorias individuais de seminarios. O exame final oficial e as memorias de prácticas deben aprobarse por separado. |