Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Principios de microbioloxía mariña
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor-a estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e responde as cuestións expostas polos alumnos-as. Ao final de cada tema, os alumnos-as disporán en Faitic das presentacións comentadas na aula, vídeos demostrativos e enlaces a textos de acceso libre. Durante o semestre o profesor-a avaliará ao alumnado mediante cinco probas dun máximo de 20 minutos cada unha, con preguntas de desenvolvemento, obxectivas e exercicios. As probas suspensas ou non realizadas poderán ser recuperadas no exame final da a primeira e/ou segunda convocatoria.
Prácticas de laboratorio O profesor-a explica os fundamentos e protocolos de prácticas, supervisa a súa execución e resolve as dúbidas dos alumnos-as. Estes disporán dunha Guía de prácticas cos protocolos e fundamentos de cada práctica. O profesor-a avaliará ao alumnado ao final da semana de prácticas mediante unha única proba de preguntas obxectivas, que , caso de suspender, poderá ser recuperada no exame final da primeira e/ou segunda convocatoria.
Aprendizaxe colaborativa O profesor-a organiza, asesora e supervisa as actividades integradas de aprendizaxe colaborativo a desenvolver en grupos de tres ou catro alumnos-as e examina dos contidos traballados mediante unha proba de preguntas obxectivas.
Seminario Os alumnos-as, organizados en grupos, realizarán un traballo ao computador que deberán entregar ao termo do seminario para a súa avaliación. O profesor-a explica o procedemento a seguir e asesora durante o desenvolvemento do traballo. O traballo entregarase ao termo dos seminarios e servirá para cualificar ao alumno-a.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000