Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a resolución dos problemas, exercicios e cuestións propostos, de acordo ás pautas establecidas polo profesorado nas clases e seminarios da materia.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria.

O estudante debe alcanzar polo menos o 40% da puntuación máxima para considerar este apartado na cualificación global.
20 A2
A4
C6
D2
Prácticas de laboratorio Neste apartado valorarase:

- O traballo levado a cabo polos estudantes no laboratorio.

- O informe sobre as prácticas realizadas polo alumnado.

- A proba con cuestións relacionadas co traballo desenvolvido durante as prácticas. Realizarase cando finalizasen as mesmas.

A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.

Para superar a materia o estudante debe alcanzar polo menos o 50% da puntuación máxima posible para esta actividade.
20 A2
A4
C6
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Trátase de probas nas que se comprobarán as competencias teórico-prácticas adquiridas na materia, mediante preguntas de esenvolvemento,
cuestións e exercicios.

Para este apartado realizaranse:
- Unha proba parcial a metade do cuadrimestre, no eliminatoria (15%).

- A proba final (45%).

A cualificación deste apartado será a suma ponderada das obtidas nas dúas probas, sempre que se alcance unha puntuación de 3,5 sobre 10.
60 A2
A4
A5
C6
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A participación dos estudantes desta materia en calquera das actividades de avaliación da materia implicará a asignación dunha cualificación na materia. Para isto, terase en conta a asistencia ás sesións de prácticas (dúas ou máis), a entrega de exercicios propostos polo profesorado (20%) e a realización dalgunha das probas escritas.

A cualificación final da materia ao final do cuadrimestre virá dada pola suma ponderada das cualificacións dos apartados que conforman a avaliación, sempre que se superen os mínimos esixidos. Se non se alcanzan, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado "Exame de preguntas de desenvolvemento".

A cualificación final do alumnado, de ser superior a 7 puntos, poderá normalizarse de forma que a cualificación máis alta poida alcanzar un valor de ata 10 puntos.


Convocatoria de segunda oportunidade

Na convocatoria da materia de segunda oportunidade manterase o sistema de avaliación descrito, conservándose as cualificacións obtidas nas prácticas e na resolución de exercicios e cuestións.

Nesta convocatoria o alumnado poderá recuperar o 60% da cualificación correspondente ao apartado "Exame de preguntas de desenvolvemento" mediante a realización dunha proba global. Nesta proba débese alcanzar unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 10) para superar a materia.

A cualificación final nesta convocatoria será a suma das cualificacións de todos os apartados, sempre que se superen os mínimos esixidos en cada un. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a da proba global ponderada.

No caso de que esta cualificación na convocatoria de segunda oportunidade sexa inferior á obtida na avaliación de fin de cuadrimestre, a cualificación que figurará na acta será esta última.


Realización das probas de avaliación

A data, hora e lugar de realización das probas serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:

http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/


IMPORTANTE: Requírese unha conduta responsable e honesta ao alumnado que curse esta materia. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar ao reitorado a apertura dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000