Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía química I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases nas que o profesorado ofrece unha visión global dos contidos da materia,
incidindo nos aspectos de maior importancia e dificultade para o alumnado. O material
necesario estará dispoñible na plataforma Tem@.
Resolución de problemas Actividade na que se profundiza sobre algúns aspectos dos temas tratados na materia,
resolvéndose ademais problemas, exercicios e cuestións.
Adicionalmente, o alumnado debe traballar exercicios e cuestións propostos, de acordo ás
pautas establecidas polo profesorado nas clases e seminarios da materia.
Prácticas de laboratorio O alumnado levará a cabo diferentes experimentos no laboratorio ao longo de varias sesións.
Os guións de prácticas estarán dispoñibles na plataforma Tem@.
Posteriormente, o alumnado debe elaborar un informe de prácticas, no que incluirá os resultados
obtidos, discusión e conclusións relativas á práctica realizada.
Unha vez finalizadas as prácticas, os estudantes deberán contestar unha serie de cuestións
relacionadas co traballo desenvolvido.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000