Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Botánica mariña
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso de docencia SEMIPRESENCIAL manteranse as prácticas de laboratorio e campo de modo presencial, sempre que as limitacións impostas polas autoridades académicas o permitan.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Caso SEMIPRESENCIAL
A única modificación afecta ás clases maxistrais, que se pasarán a modo remoto (mediante Campus Remoto ou FAITIC) seguindo as indicacións que acorden as autoridades académicas de ser o caso.
Caso NON PRESENCIAL
Clases teóricas (lección maxistral): impártense de forma virtual mediante Campus Remoto ou FAITIC, segundo horario previsto no calendario académico e deixando presentacións extensas e completas en FAITIC, por se houbera dificultades de asistencia para parte do alumnado ás aulas virtuais.
Clases prácticas e Seminarios: ao non poder realizarse de forma presencial no laboratorio, as prácticas e seminarios que queden por impartir daranse de forma virtual (mediante Campus Remoto ou FAITIC) e deixando material de apoio a través de FAITIC. De non ser posible realizar a saída de campo, elaborarase unha saída virtual coas principais especies e comunidades de plantas do Parque Natural de Corrubedo, que será exposta no Campus Remoto e completada con material en FAITIC.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Tanto para os casos SEMIPRESENCIAL como NON PRESENCIAL, as titorías serán atendidas por correo electrónico utilizando os enderezos institucionais, ou en Campus Remoto nunha data e hora acordada con antelación.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
No caso de interrupción da docencia presencial, as probas xa realizadas manterán o peso que figura nesta Guía Docente tanto nos casos SEMIPRESENCIAL como NON PRESENCIAL.

* Probas que se modifican
Nos caso de ter que recorrer ás docencias SEMIPRESENCIAL ou NON PRESENCIAL, as tres porcentaxes referidas a Avaliación mantéñense segundo recolle o apartado correspondente nesta Guía Docente.
En caso de ter que recorrer á docencia SEMIPRESENCIAL ou NON PRESENCIAL, a porcentaxe adicada a “Resolución de probas e/ou exercicios, 65%” incrementará a porcentaxe dos exercicios en avaliación continua en función da situación de excepcionalidade, ata un máximo de un 25%
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000