Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Lección maxistral (parcial ou totalmente virtual)
Seminarios (parcial ou totalmente virtuais)
* Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio: serán parcial ou totalmente substituídas por vídeos e documentos explicativos que permitan a presentación un informe de prácticas.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Campus remoto, correo electrónico e faitic.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Ningún
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Ningunha
* Outras modificacións
Ningunha
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Os exames de preguntas de desenvolvemento substituiranse total ou parcialmente por exames tipo test en faitic mantendo a porcentaxe da cualificación.
A resolución de problemas e/ou exercicios mantense coa mesma porcentaxe.
A avaliación continua durante a realización de prácticas substituirase total ou parcialmente pola entrega de informes de prácticas.
* Información adicional
Ningunha
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000