Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
As clases maxistrales pasarán a ser en modo virtual a través de campus remoto

* Metodoloxías docentes que se modifican

Para a salida de campo contémplanse dúas opcións posibles dependendo de si o confinamento fora total ou parcial.

(1) Opción. Recorrido polo campus a pe. Descripción xeomorfolóxica da Ría de Vigo desde o parque forestal e medidas de dirección e buzamento co compás.
(2) Opción. Recorrido virtual mediante Google Earth mais mapa xeolóxico do MAGNA explicando as unidades tectónicas e litolóxicas do NW con explicación da xeomorfoloxía costeira. Análisis mediante fotografías dos procesos de meteorización. Video-tutoriales acerca cómo se realizan as medidas de dirección e buzamiento co compás.

En canto as prácticas de laboratorio:

A práctica de recoñecemento de rochas sedimentarias farase utilizando fotografías da colección de rochas da Facultade de Ciencias do Mar e de modo virtual.

A de realización e interpretación de cortes xeolóxicos e a de representación e mapas de isolíneas e de volumes faranse de modo virtual.

En canto aos seminarios adaptaranse ao modo virtual. Os seminarios 1 e 3 que non requiren do uso de equipos de laboratorio específicos manteránse prácticamente igual. O seminario 2 se desenvolverá utilizando un conxunto de datos sintéticos a partir do cual se obterá a determinación de carbonato de calcio.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Todas as titorías serán concertadas co profesorado e realizaránse en aula ou despacho virtual do profesorado.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos non se modifican, se modifica o xeito de impartilos


* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Proba Seminarios: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 20%]
Proba Prácticas: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 20%]
Proba Campo: [Peso anterior 5%] [Peso Proposto 10%]
Proba Cuestionarios: [Peso anterior 5%] [Peso Proposto 10%]

...

* Probas pendentes que se manteñen
Examen: [Peso anterior 70%] [Peso Proposto 40%]
...

* Probas que se modifican
[Examen de pregunta corta] => [Examen test online]

* Novas probas
Incluirase a participación en foros que pode ser valorada para axuste da nota final

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000