Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase o resultado das análises de datos feitos durante as prácticas que se subirán á plataforma faitic. 10 A3
A4
A5
B4
Seminario Avaliarase aos alumnos mediante a resolución dun exercicio na aula de maneira autónoma. 10 A2
A3
A4
A5
Resolución de problemas e/ou exercicios Haberá dous parciais aos longo do curso que se realizarán no horario de teoría.

Parcial 1 (10%): temas 1 e 2.
Parcial 2 (10%): temas 3 e 4.
20 A3
A5
C2
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final da materia. 60 A3
A5
C2
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É posible superar a materia mediante avaliación continua. A nota de avaliación continua obtense como a media ponderada das seguintes cualificacións:

  • Cualificación media dos informes de prácticas de laboratorio. (25%)
  • Cualificación media dos exercicios resoltos nos seminarios. (25%)
  • Cualificación media dos dous parciais. (50%)
Se non se supera a materia mediante avaliación continua, a nota desta suporá o 40% da avaliación final, sendo  o 60% restante a nota do exame final nas convocatorias oficiais.

A data, hora e lugar de realización das probas de
evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar.

Na convocatoria extraordinaria aplicarase o mesmo baremo que na ordinaria. Contando a avaliación continua (seminarios, prácticas e parciais) un 40% e o exame final un 60%.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000