Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Puntúase aquí xunto co esforzo e a actitude, as destrezas e as competencias desenvolvidas polo alumno durante a realización das distintas prácticas.
A asistencia as sesións de prácticas é obrigatoria e, polo tanto, non é posible aprobar a materia no caso de non terse realizado.

Resultados de Aprendizaxe:
- Definir enerxía interna, calor, traballo, entalpía, entalpía estándar, calirimetría, calor de disolución e calor de reacción, e saber como se calculan.
- Definir pH e pOH, constante de acidez/basicidade, constante de hidrólisis, e saber como se calculan.
- Coñecer as disolucións reguladoras e os distintos tipos de reaccións ácido-base e saber empregalas.
- Definir velocidade de reacción e ecuación de velocidade, e saber empregalas.
- Coñecer e saber empregar os principais métodos de análise de datos cinéticos.
- Calcular o efecto da temperatura na velocidade das reaccións químicas.
15 A1
A5
B4
C1
C6
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dunha proba escrita global ao final do cuadrimestre, na data fixada pola Xunta de Facultade.
Ademais, durante o cuadrimestre, na data fixada previamente polo profesor, realizarase unha proba parcial optativa e de carácter liberatorio dos temas I, II e III. Aqueles alumnos que acaden unha cualificación igual ou superior a 4,0 (sobre 10) na proba parcial (que tera, nese caso, un peso do 28%) non terán que examinarse (se así o desexan) desa parte da materia na proba global, realizando unicamente nesa data un exame do segundo parcial (que terá, nese caso, un peso do 37%).

Resultados de Aprendizaxe:
- Todos os incluídos na materia.
65 A1
A5
C1
C6
D1
D2
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Teranse en conta os aspectos formais relativos á organización, uso correcto das unidades, confección correcta das gráficas e exposición dos resultados. Valorarase tamén a análise crítica destes e a obtención de conclusións.

Resultados de Aprendizaxe:
- Definir enerxía interna, calor, traballo, entalpía, entalpía estándar, calirimetría, calor de disolución e calor de reacción, e saber como se calculan.
- Definir pH e pOH, constante de acidez/basicidade, constante de hidrólisis, e saber como se calculan.
- Coñecer as disolucións reguladoras e os distintos tipos de reaccións ácido-base e saber empregalas.
- Definir velocidade de reacción e ecuación de velocidade, e saber empregalas.
- Coñecer e saber empregar os principais métodos de análise de datos cinéticos.
- Calcular o efecto da temperatura na velocidade das reaccións químicas.
5 A1
A5
B4
C1
C6
D1
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Ademais dos boletíns de problemas, ó rematar cada tema (ou grupo de temas), propoñeranse uns "Exercicios Avaliables" que os alumnos deberán resolver de forma autónoma e entregar ao profesor no prazo que se fixe.

Resultados de Aprendizaxe:
- Todos os incluídos na materia.
15 A1
A5
C1
C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta.

Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso académico completo. Se levará un rexistro interno destas actuacións para, en caso de reincidencia, solicitar á reitoría a apertura dun expediente disciplinario.

Para superar a materia é requisito imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4,0 puntos sobre 10 na proba longa (ou no cómputo das probas parciais, cada unha coa súa porcentaxe). No caso de non acadar a devandita puntuación a cualificación que se reflectirá na acta será unicamente a cualificación deste exame (ou a do cómputo das probas parciais), non contabilizándose ningún dos demais apartados.


Para superar a materia é necesario acadar unha nota mínima de 5,0 na cualificación global (suma ponderada da proba longa ou parciais (65%), as prácticas de laboratorio (15%), os informes de prácticas (5%) e os "Exercicios Avaliables" (15%)).


A realización da proba parcial, ou da proba longa, implicará a condición de "presentado" e, polo tanto, a asignación dunha cualificación de acordo co recollido nesta guía docente.


Segunda Convocatoria:


Para a avaliación na segunda convocatoria, manteranse as cualificacións e as porcentaxes das prácticas de laboratorio, dos informes de prácticas e dos "Exercicios Avaliables".

Para saber datas das Probas de Avaliación:  http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000