Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química: Química I
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Nas titorías resolveranse de xeito individual e máis persoal aquelas dúbidas dos alumnos que poidan xurdir ao longo do curso durante as clases de teoría. A modalidade preferente para as titorías será a non presencial concertada. O alumno deberá concertar con anterioridade co profesor que imparta o contido correspondente data e hora de titoría. Dadas as circunstancias previsibles para este curso, as titorías serán preferentemente non presenciais utilizando campus remoto ou intercambio de mensaxes electrónicas.
Seminario Nas titorías resolveranse de forma individualizada e máis persoal aquelas dúbidas dos alumnos que poidan xurdir ao longo do curso durante as clases de seminario. A modalidade preferente para as titorías será a non presencial concertada. O alumno deberá concertar con anterioridade co profesor que imparta o exercicio correspondente data e hora de titoría. Dadas as circunstancias previsibles para este curso, as titorías serán preferentemente non presenciais utilizando campus remoto ou intercambio de mensaxes electrónicas.
Prácticas de laboratorio Nas titorías o profesorado de prácticas correspondente ao grupo de laboratorio do alumno resolverá de forma individualizada e máis persoal aquelas dúbidas que poidan xurdir ao longo do curso durante a realización das prácticas de laboratorio ou a elaboración dos correspondentes informes. A modalidade preferente para as titorías será a non presencial concertada. O alumno deberá concertar previamente co seu profesor de prácticas data e hora de titoría. Dadas as circunstancias previsibles para este curso, as titorías serán preferentemente non presenciais utilizando campus remoto ou intercambio de mensaxes electrónicas.
Resolución de problemas de forma autónoma Nas titorías o profesorado resolverá de forma individualizada e máis persoal aquelas dúbidas dos alumnos que poidan xurdir ao longo do curso na resolución de exercicios ou outras actividades autónomas a realizar. A modalidade preferente para as titorías será a non presencial concertada. O alumno deberá concertar previamente co profesor que propoña a actividade data e hora de titoría. Dadas as circunstancias previsibles para este curso, as titorías serán preferentemente non presenciais utilizando campus remoto ou intercambio de mensaxes electrónicas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000