Os contidos impartidos en total, incluidos os das clases maxistrais, os das practicas experimentais e de informatica e os dos seminarios, avaliaranse nas probas control e nos exames parciais e finais. A data, hora e lugar de realización das probas de
evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2 Ao longo do curso, pero sobor de todo nas primeiras 6 semanas realizaranse polo menos 2 probas cortas acumulativas duns 30 min cada unha (non eliminatorias de materia). Estas calificacions, xunto cas apreciacións da participación activa na clases presenciais na resolución de problemas e exercicioss, e nas prácticas experimentais e informaticas supora un 10 % da calificación total. A valoración do informe da aplicación informatica a distintos datos, e o do traballo tutelado suporá, cada un, un 10 % do total. Asemade, realizaráse un exame ou proba parcial optativa sobre a primeira métade da materia que sera eliminatoria de materia si se aproba. Ao final do curso realizarase un exame final que incluira as duas metades en que se descompón a asignatura. [Os alumnos que teñan superada a 1ª metade tamén poderan presentarse para subir nota si asi o consideran oportuno]. Estes exames consistiran en distintas definicións, demostracións, exercicios, problemas e preguntas de desenvolvemento. Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta
responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia
ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado
en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán
supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro
interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a
apertura ao reitorado dun expediente disciplinario. |