Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor presentará os fundamentos conceptuais de cada tema. O alumno debe completar cada tema consultando os recursos bibliográficos e webgráficos correspondentes a cada tema.
Prácticas con apoio das TIC O profesor preparará unha guía de cada unha das prácticas. Os alumnos realizarán diversas prácticas con distintas aplicacións informáticas e con datos facilitados polo profesor ou conseguidos polos alumnos.
Prácticas de laboratorio O profesor preparará unha guía de cada unha das prácticas.
Os alumnos realizarán varios experimentos que permitirán obter productos de PCR e patrons electroforéticos de PCR-RFLP de individuos de distintas poboacións ou especies
Resolución de problemas Problemas resoltos na aula e casos prácticos adaptados a cada concepto teórico, técnica analítica ou situación biolóxica dos recursos.
Traballo tutelado Traballo individual ou en grupo sobre asuntos ou artigos relacionados co temario. O profesor proporá unha lista dos temas ou artigos, ainda que se admite a suxerencia dos mismos polo alumnado. Identificación, acotacion do tema e dos materiais, elaboración e presentación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000