Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Introducción Presentación e analise do programa. Toma de decisións sobre o proceso de aprendizaxe mailo sistema de avaliación do curso. Avaliación do nivel de coñecemento xenético do alumnado. Revisión de conceptos xenéticos básicos.
Tema 2. A variabilidade xenética. Os caracteres mendelianos. Variabilidade xenética e clases de caracteres hereditarios. A análise mendeliana. Relacións de dominancia e alelos multiples. Interacción xénica e letalidade. A selección de caracteres cualitativos na acuicultura e na acuariofilia.
Tema 3. Os caracteres cuantitativos. Análise xenética da variación continua. Os métodos biométricos na Xenética Cuantitativa. Estimación da heredabilidad. Mellora xenética en caracteres cuantitativos e a sua aplicación na acuicultura.

Tema 4. A estructura poboacional e marcadores moleculares.
A variabilidade xenética discreta. A poboación ideal. A endogamia. Os polimorfismos alozímicos. Os RFLPs. A técnica de PCR. Os marcadores minisatélites e microsatélites. As secuencias de DNA.
Tema 5. A estructura poboacional e os axentes evolutivos Axentes que cambian as frecuencias alélicas. A mutación. A migración. A deriva xenética. A selección natural.
Tema 6. A estructura xenética poboacional e a xestión de recursos xenéticos mariños. A estructura xenética poboacional. Xestión xenética das pesquerias e o concepto de stock. A xestión xenética na acuicultura: explotación e stocks acuicolas. Xenética da conservación, das repoboacións e das invasions biolóxicas.



Práctica 1. Xenotipado experimental de poboacións mediante PCR. Identificación de especies. Extracción do DNA. Amplificacion do DNA por PCR. Elaboración de xeles de agarose. Separación molecular mediante migración electroforética. Visualización dos productos de PCR. Interpretación de xenotipos. Rexistro dos dados.
Práctica 2. Xenotipado experimental de poboacións mediante PCR-RFLP. Análise poboacional ou de autentificación de productos pesqueiros. Extracción de DNA. PCR dun xene mitocondrial. Dixestión do DNA con enzimas de restrición. Migración electroforética. Interpretación dos patróns electroforéticos. Análise poboacional ou asignación de individuos a especies.
Práctica 3. Análise bioinformatico de dados xenéticos poboacionais e interespecíficos. Tabulación dos dados xenéticos obtidos no laboratorio ou nas bases de datos internacionais. Inferencia filoxenética molecular empregando distancias xenéticas. Asignación e trazabilidade molecular mediante métodos filoxenéticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000