Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen:
As indicadas na guía, salvo as derivadas da non presencia nas aulas ordinarias, como as prácticas de laboratorio.

* Metodoloxías docentes que se modifican:
Empregaránse os recursos da Aula Virtual Remota para a impartición e debate das clases online, asi como a Plataforma FAITIC da Universidade de de Vigo para o acceso a documentos de teoría (as presentacións en formato PDF, distintos textos, artigos, problemas resoltos con detalle ou non, probas tipo "test", etc). Requerirase a presentación de alguns problemas e traballos individuais en concerto co profesor.
Os alumnos poderán executar os distintos informes, traballos ou exercicios por escrito manual (con foto ou escaneo das páxinas pertinentes) ou en formato dixital cun procesador de texto e inserción, si procede, dos diagramas ou figuras.
As practicas de laboratorio, de non ser posible realizalas de xeito presencial, adaptaranse con distintos programas informáticos, videos e cálculos experimentais (istos ultimos remitiranse ao profesor).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorias realizaranse en conxunto nun dia e hora (1-2 h) por semana dacordo co alumnado. Individualmente, atendarase por email, ou por telefono, ou por "Skype".

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Se manteñen como na guía.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Como na guía, e incluindo algún material bibliográfico en formato "pdf", e videos e programas informáticos.

* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Manteñense as porcentaxes propostas, ca salvedade do tipo de presentación dos mesmos (ver. a continuación).

* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
...

* Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
...

* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]

* Novas probas:
Os diferentes traballos, problemas resoltos, cálculos de proceso experimentais, Test de control, etc realizados por escrito ao longo do curso serán enviados por correo electronico ao profesor con limite de data de recepción de cada un. O exercició final realizarase por escrito e con acceso secuencial á cada cuarta parte do exame na plataforma FAITIC e a resposta sera enviada ao profesor antes dun tempo adecuado (p.e., 25 min), que a continuación (5 min despois) facilitará o acceso á seguinte tanda de preguntas ou problemas na plataforma FAITIC, e asi ata o total do exame. Alternativamente empregarase os ÇRecursos da Aula Virtual Remota da Universidade de Vigo.
Os alumnos poderán executar os distintos informes, traballos ou exercicios por escrito manual (con foto ou escaneo das páxinas pertinentes) ou en formato dixital cun procesador de texto e inserción, si procede, dos diagramas ou figuras.

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000