Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Recursos xenéticos mariños
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico
C2 Coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía
C5 Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía
C6 Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía
C8 Comprender os principios das leis que regulan a utilización do medio mariño e os seus recursos
C10 Coñecer a problemática e os principios básicos da sustentabilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño
C12 Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar
C14 Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución
C15 Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación, tanto en campaña como en laboratorio
C17 Saber traballar en campañas e en laboratorio de xeito responsable e seguro, fomentando as tarefas en equipo
C18 Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos
C20 Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases
C24 Participar e realizar programas de formación e divulgación sobre os medios mariño e litoral
C32 Control de calidade de alimentos mariños
C33 Control de pesqueiras
C36 Acuarioloxía
D6 Resolución de problemas
D11 Capacidade de aprender de forma autónoma e continua
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000