Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
C4 |
Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais |
C10 |
Coñecer a problemática e os principios básicos da sustentabilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño |
C15 |
Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación, tanto en campaña como en laboratorio |
C29 |
Destreza no uso práctico de modelos, incorporando novos datos para a validación, mellora e evolución dos mesmos |
C33 |
Control de pesqueiras |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D6 |
Resolución de problemas |