Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía física II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
O plan de desenvolvemento e avaliación descrito contempla o caso dun desenvolvemento normal das clases teóricas e prácticas nun contexto presencial. Si por circunstancias excepcionais este contexto varía, debéndose ter en conta docencia mixta ou telemática, procederase da seguinte forma:
1. Docencia mixta. As clases presenciais serán emitidas en directo cos medios que a Universidade de Vigo forneza, garantindo en todos os casos a oportunidade de poder realizar preguntas ou consultar dúbidas.
2. Si a docencia presencial ou mixta non é posible, prepararanse os vídeos necesarios para abarcar as clases teóricas, os seminarios e as prácticas e poranse a disposición do alumnado.
No caso de que a docencia presencial non sexa posible, o peso relativo dos diferentes apartados cambia, calculándose a nota final da seguinte forma:
Informes de seminarios e memorias de prácticas: 30%
Cuestionarios: 30%
Exame: 40%
En cada un destes apartados o estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 para realizar a ponderación e aprobar a materia. Permitirase a repetición dos cuestionarios unha única vez (dúas oportunidades en total) usándose a maior nota obtida para a cualificación final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000