Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Química aplicada ao medio mariño I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a participación e actitude do alumno, e a súa capacidade para relacionar e aplicar os conceptos adquiridos 5 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C6
C18
C30
D17
Traballo tutelado O alumno desenvolverá un traballo breve, avaliándose o informe presentado e a súa exposición 20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C6
C18
D1
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final no que se avaliarán os contidos teóricos da materia traballados nas sesións maxistrais e nos seminarios.

Os contidos desta materia presentan dous partes ben diferenciadas polo que o exame tamén estará dividido en dous partes que se corresponden aos Temas 1-7 e Temas 8-13.

Para a superación da materia o alumno deberá obter un mínimo dun 3,5 sobre 10 en cada unha das dúas partes nas que se divide o exame.
65 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C6
C18
C30
D1
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumno deberá presentar un informe das prácticas realizadas no laboratorio.

A asistencia ás prácticas así como a elaboración do informe é obrigatorio para a superación da materia.

Valorarase ademais a actitude no laboratorio e o manexo e comprensión das técnicas experimentais usadas
10 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C5
C6
C12
C15
C17
C18
C30
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O calendario oficial de exames pode ser consultado no seguinte link:

http://mar.uvigo.es/index.php/gl/alumnado-actual/examenes-2

A cualificación final será a suma de todos os apartados sempre que se superen os mínimos esixidos, se non se superasen a cualificación que figurará na acta será a do exame final ponderada.

A participación do estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado e a asignación dunha calificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia ás clases prácticas de laboratorio, a realización dos traballos tutelados e a realización de exames.

Os porcentaxes de cada unha das partes manteranse na convocatoria de Xullo.

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. Levarase un rexistro interno de estas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000