Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C1 |
Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico |
C2 |
Coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía |
C5 |
Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía |
C6 |
Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía |
C14 |
Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución |
C16 |
Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas desde a etapa de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos |
C18 |
Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos |
C25 |
Participar e asesorar en investigacións sobre clima mariño |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |