Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Oceanografía biolóxica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Dividiranse os grupos en subgrupos de 4-5 persoas. Cada grupo preparará un traballo a elixir de entre os propostos polo profesor ao principio do curso. Os traballos se tutorizarán durante as horas destinadas aos seminarios (grupos pequenos 2.5h). A exposición dos traballos terá lugar no mes de Decembro e terán unha duración de 20 minutos para a presentación oral e 5 minutos para a rolda de preguntas do profesor e do resto de alumnos. A presentación virá acompañada por un arquivo en soporte informático ( powerpoint) que se enviará ao profesor en datas fixadas previamente á presentación. 25 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C5
C6
C13
C14
C15
C16
C17
C18
D2
D8
D16
Prácticas de laboratorio Avaliarase a participación nas prácticas, o rigor no traballo de mostraxe e laboratorio, a aptitude para o traballo en equipo e a capacidade para elaborar e interpretar resultados. 10 A3
A5
C1
C15
C16
C17
Lección maxistral Exame escrito. Realizaranse preguntas que mostren o nivel de comprensión adquirido polos alumnos ao longo da materia, tanto nas clases teóricas, como prácticas, seminarios e saídas de campo. 65 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C5
C6
C13
C14
C15
C16
C17
C18
D2
D8
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario aprobar cada unha do tres probas (sesións maxistrais, seminarios e prácticas de laboratorio).

Na segunda convocatoria só se realizará un exame escrito correspondente á materia impartida nas sesións maxistrais, pero terase en conta a asistencia a seminarios e prácticas durante o curso.

Requírese do alumnado que curse esta
materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible
calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel
de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou
traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia
durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións
para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun
expediente disciplinario.


A data, hora e lugar de realización das probas de evaluación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar:

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000