Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Fisioloxía de organismos mariños
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen:

Todas. Facendo uso das quendas (presencialidade parcial) e do Campus Virtual (aulas virtuais para teledocencia).


* Metodoloxías docentes que se modifican:

No caso de imposibilitarse a semipresencialidade ou as quendas, as prácticas de laboratorio substituiranse por audiovisuais e tutoriais sobre os que se fará unha memoria e comentario de entraga obrigatoria.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

A través dos despachos virtuais e o correo electrónico. As instruccións estarán dispoñibles no sitio da materia na plataforma de teledocencia FAITIC.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir:

Ningunha

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:

Non

* Outras modificacións

Os contidos e a avaliación non se modifican, pero se adaptarán aos medios telemáticos facilitados pola Universidade, asegurándose de que todo o estudantado ten acceso aos mesmos.

As proba de examen realizaráse a través da plataforma de teledocencia FAITIC. Nos minutos previos ao exame os estudantes terán dispoñible o documento do exame para a súa descarga, resposta, e subida á plataforma, cun tempo limitado de realización de dúas horas. Algunhas preguntas de resposta rápida poderán ter formato de cuestionario ou enquisa telemáticos.

O alumnado será informado con antelación para que dispoña do material e equipos necesarios para a realización e entrega do exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000