Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Eficiencia Térmica e Coxeración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentación pública do traballo de auditoría. Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe. 20 A1
A2
C3
D6
D10
D11
Traballo Realización dun traballo/proxecto de auditoría enerxética: formulación dun caso real, análise das posibles medidas a tomar, avaliación económica das medidas, realización dunha memoria escrita, planos e orzamentos.
Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe.
50 A1
A2
C3
D6
D10
D11
Resolución de problemas e/ou exercicios Preguntas onde se demostrarán os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e na aula de informática. Avalíanse todos os resultados de aprendizaxe. 30 A1
A2
C3
D6
D10
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que non asista a clase deberá realizar unha proba sobre contidos da materia na que demostre que domina as ferramentas empregadas polos alumnos nas aulas de informática, ademais dun exame sobre coñecementos impartidos nas aulas de teoría onde responderá a preguntas sobre temas a desenvolver e problemas.

Os exames realizaranse nas datas indicadas na web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

A proba consistirá (tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria) dunhas preguntas breves teóricas e un exercicio a desenvolver sobre os coñecementos de toda a materia. A nota completarase coa obtida no traballo e na presentación do mesmo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000