Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
 Materias
  Concentración de Minerais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Terase en conta na avaliación a asistencia ás prácticas de laboratorio, a entrega dun boletín da experiencia e a corrección do mesmo. A nota desa metodoloxía será como máximo de 1 punto sobre 10.

Avalía os seguintes resultados de aprendizaxe: 1) Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro; 2) Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos; 3) Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación.
10 C10
C14
Resolución de problemas Ao longo do curso, o alumno deberá resolver varios BOLETÍNS DE PROBLEMAS, que se traballan previamente na aula, deberá presentalos e serán avaliados ata un máximo de 2 puntos sobre o 10 da nota global.

Avalía os resultados de aprendizaxe: 1) Calcular balances de masas en plantas de tratamento de fragmentación e clasificación; 2) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas; 3) Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación.
20 C10
C14
D12
Lección maxistral Os contidos teóricos que se explican en aula son evaluados mediante CUESTIONARIOS tipo test ou de casos reais ó longo do curso.

Avalía a adquisición do coñecemento sobre os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro e as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos.
20 C10
C14
D12
Exame de preguntas de desenvolvemento A proba de evaluación reúne cuestións teóricas e prácticas, traballadas ó longo do curso mediante as diferentes metodoloxías.

Avalía os seguintes resultados de aprendizaxe: 1) Coñecer os procesos de liberación e concentración dos minerais con maior interese mineiro; 2) Coñecer as propiedades dos minerais que inflúen na eficacia dos diferentes tratamentos mineralúrxicos;3) Coñecer os aspectos crave que determinan a elección da maquinaria nas fases de fragmentación e clasificación. 4) Adquirir o coñecemento básico para o deseño de plantas de tratamento mineralúrxicas
50 A2
C10
C14
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación en primeira convocatoria consta de dous partes:

1) Exame de preguntas de desenvolvemento. A puntuación deste exame sobre a nota global é dun máximo de 5 sobre 10. Para que a nota do exame poida contar na avaliación global, deberá ser igual ou superior a 2.5 sobre 5. As datas e lugares de realización do exame pódense consultarse na pestana PLANIFICACIÓN ACADÉMICA do portal web da E. I. Minas y Energía.

2) Prácticas de laboratorio, boletíns de resolución de problemas e cuestionarios sobre contidos teóricos: estas tres metodoloxías puntúan en conxunto 5 puntos sobre a nota global 10. Para que a nota deste grupo de metodoloxías compute na nota final, é necesario:

  • obter polo menos 1,2 puntos sobre 2 no boletín de problemas
  • obter polo menos 1,2 puntos sobre 2 nos cuestionarios de contidos teóricos
  • asistir a todas as sesións da práctica de laboratorio salvo por causas xustificadas.

Dado que os problemas e cuestións de teoría traballanse e resolvense en aula, é recomendable asistir ás clases. De todos los xeitos, o alumnado pode renunciar á evaluación continua; neste caso, terá dereito a ser evaluado mediante un examen que recolla todos os contidos da materia.

As prácticas de laboratorio están fixadas no calendario para ser impartidas durante o período de docencia (primeiro cuadrimestre).

O calendario de docencia de todas as actividades pódese consultar no espazo da materia da plataforma TEMA. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comenzo da docencia da mesma.

En convocatoria extraordinaria, as actividades suxeitas a calendario (prácticas de laboratorio) non computarán na nota final.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000